miércoles. 09.10.2024
A primeira xornada de vendima do 2020 na D.O. Monterrei, na adega Pazo das Tapias.
A primeira xornada de vendima do 2020 na D.O. Monterrei, na adega Pazo das Tapias.

A poucos días do comezo da vendima en Monterrei, a Denominación de Orixe augura unha moi boa campaña. "Iniciaremos a finais desta semana ou comezos da que vén. Estamos pendentes da confirmación por parte das bodegas sempre con 24 horas de antelación", afirma Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador.

Polo momento, a incertidume meteorolóxica destes últimos días non deixou incidencias nos viñedos e así agardan que continúe dende a D. O. "Todos estamos pendentes do ceo, hai inquietude pero, afortunadamente, non corremos coa mesma sorte dos compañeiros doutras D. O. e seguimos mantendo o traballo de todo este ano", reflexiona. Debido ao bo estado fitosanitario do viñedo, pronostican unha abundante colleita tanto en calidade como en cantidade. "Calculamos sobre 5 millóns e medio, datos similares aos do ano pasado que foi a nosa segunda vendima histórica", engade.

Dende a D. O. Monterrei afirman ter "todo listo para dar o pistoletazo de saída". "Xa revisamos os rexistros vitícolas e os datos foron comunicados ás respectivas bodegas. Agora, nestes días previos, estamos facendo un traballo de formación de veedores, auditores encargados de supervisar o autocontrol das bodegas, como así está estipulado no Consello Regulador", conclúe Da Silva, optimista ás portas do inicio da campaña.

NOTICIAS VERÍN | A D. O. Monterrei, ás portas da vendima: "Agardamos unha gran colleita...