lunes. 29.04.2024
Concerto Nadal CMUS Verín 2023 (86)
Concerto de Nadal do CMUS de Verín neste 2023.

O Conservatorio de Música de Verín, baixo a batuta de José Luis Tielas, inicia hoxe unha nova andaina. Ben sendo habitual que o alumnado teña que facer avaliacións para comprobar o seu avance. Esta tarde o alumnado de violín enfróntase á súa audición; a novidade é que será a primeira avaliación aberta áo público.

Diste xeito, o segundo trimestre comeza no Conservatorio coa implementación das avaliacións do alumnado abertas ao público. Unha iniciativa que se pon en marcha porque, como explica José Luis Tielas: "Vai a contribuir moi positivamente na súa aprendizaxe musical".

Axenda de audicións

O mes de marzo é tempo de avaliacións. Dende hoxe arranca a semana de audicións, cada unha avaliando o progreso do alumnado nun instrumento neste segundo trimestre de estudo. Estos son os horarios e días das cinco audicións que se celebrarán en distintas estancias do Auditorio de Verín:

  • Violín: luns 11 de marzo, no "Vestíbulo da sinfonía eterna" ás 20:00h.
  • Percusión: mércores 13 de marzo, na aula polivalente ás 20:00h.
  • Piano: xoves 14 de marzo, na aula polivalente ás 17:00h.
  • Guitarra: venres 15 de marzo, "Vestíbulo da sinfonía eterna" ás 19:00h.
  • Frauta travesa: luns 18 de marzo, no "Vestíbulo da sinfonía eterna" ás 20.00h.

NOTICIAS VERÍN | O Conservatorio de Música abre ao público as audicións do alumnado