O Conservatorio de Música de Verín quere seguir medrando e por iso decide ampliar a súa oferta. Os máis cativos terán a oportunidade de adentrarse no mundo da música con dous novos cursos dirixidos para eles. Dende o CMUS contarán cunha clase gratuíta de cada un, para que os nenos poidan participar e así facerse unha idea do que poden aprender.
Un dos cursos é "Música para peques", dirixido a nenos de cinco e seis anos para que den os seus primeiros pasos para no mundo da música. A clase gratuíta para este curso darase o próximo martes ás 18:00 horas e, para participar nela, os pais ou responsables dos cativos teranos que anotar antes do 23 de setembro.
En "Fundamentos", curso para todos os nenos que cumplan os sete anos neste 2022, os rapaces terán unha aproximación ós elementos básicos da música. A clase gratuíta será o vindeiro luns ás 18:00 horas e tamén terán que anotarse previamente antes deste venres para participar.
Despois destas clases, que se impartirán no Auditorio de Verín, abrirase un prazo oficial de matriculación para o curso 2022/23. Os pais ou os responsables dos cativos poderanos inscribir entre o 27 e o 30 de setembro tanto para "Música para peques" como para "Fundamentos".
O CMUS comezou oficialmente o curso o pasado 8 de setembro, no que se incrementou a súa oferta formativa oficial de ámbito elemental e profesional. Este ano contan con ao redor de 70 alumnos e queren seguir medrando. Con esta nova oferta para os máis cativos, agardan espertar o seu interese pola música dende pequenos.
Para máis información poden contactar co CMUS no correo electrónico [email protected].