domingo. 13.10.2024
Todos os cofrades do pasado ano 2019, no acto de inauguración da XIV Edición da Feira do Viño de Monterrei. | FOTO: Archivo.
Membros da Confraría dos Viños de Monterrei durante a XIV Edición da Feira do Viño, en 2019. | FOTO: Archivo.

É ben sabido que a pandemia modificou o devir de todos os sectores, incluído o vitivinícola da bisbarra e, tamén, o da Confraría dos Viños de Monterrei. Entre virus e restricións o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei non puido celebrar, durante dous anos, nin a súa Feira do Viño nin o acto de nomeamento dos novos confrades que viña facendo nas mesmas datas que a súa feira.

Este ano, no mes de agosto, volveu con forza a Feira do Viño de Monterrei; con datos que amosaron o rotundo éxito da celebración: máis de 30.000 degustacións vendidas e un considerable aumento de visitantes. Nembargantes, non se realizou a xa tradicional acollida de novos confrades coincidindo coa feira, como viña sendo habitual en anteriores edicións. Dende o ano 2013 a D. O. Monterrei outorga istas distincións a aquelas persoas que traballan en prol da defensa dos viños de Monterrei.

Co cambio de plans, o nomeamento dos novos membros da Confraría dos Viños de Monterrei terá lugar o vindeiro 20 de decembro, martes, nun acto que se celebrará no Auditorio de Verín a partir das 19:30 horas. Momento no que o CRDO Monterrei fará público o nome das persoas homenaxeadas este ano. "Queremos que sea una sorpresa y se descubra a los nuevos cofrades el día del nombramiento", declaraba la presidenta de la DO Monterrei, Lara da Silva. 

A última vez que se celebrou a acollida de novos confrades foi no 2019, cando entraron a formar parte da Confraría dos Viños de MonterreiPaula Vázquez Rocha (técnica de viticultura da Oficina Agraria Comarcal), Luis Cid Congil (xornalista e comisario de exposicións no Museo Claustro Mercedario de Verín, que conta cun área dedicada á D. O. Monterrei), Monseñor José Leonardo Lemos Montanet (bispo de Ourense) e José Manuel Baltar Blanco (presidente da Deputación de Ourense).

A día de hoxe, un total de 44 persoas son confrades dos Viños de Monterrei. Ata a celebración do acto de nomeamento non se saberá cantos novos membros haberá nista edición nin os seus nomes. Dende o CRDO Monterrei queren que exista expectación e ilusión na veciñanza da comarca, co propósito de que asista o maior número de persoas á gala.

NOTICIAS VERÍN | A Confraría dos Viños de Monterrei contará con novos membros o 20 de...