martes. 30.04.2024
desfile infantil verin 2023-151
As rúas de Verín non terán este 2024 o tradicional desfile dos nenos e nenas.

As nenas e nenos de Verín e da comarca non poderán, este ano, amosar os seus traxes de Entroido á veciñanza. A Concellería de Festexos, Turismo, Cultura e Conservatorio do Concello de Verín vén de comunicar a suspensión do desfile infantil programado para este xoves 15 de febreiro, que xa se adiara o pasado día 8 polo chuvia. 

Unha vez máis, as condicións climatolóxicas adversas atacan directamente á ilusión da cativada. 

NOTICIAS VERÍN | O Concello suspende o desfile infantil do Entroido previsto para este...