miércoles. 24.04.2024
Gerardo Seoane, Anxo Antón Queiruga, Javier Cid e Carlos Montero, na asinatura do convenio entre o Concello de Verín e Cogami.
Gerardo Seoane, Anxo Antón Queiruga, Javier Cid e Carlos Montero, na fima do convenio entre o Concello de Verín e Cogami.

O Concello de Verín reafirmou unha vez máis o seu apoio ás persoas con discapacidade ao renovar o convenio coa Confederación Galega de Personas con Discapacidade (Cogami). O alcalde, Gerardo Seoane, firmou este acordo con Anxo Antón Queirugas, presidente de Cogami, para favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo.

Segundo os datos do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de Verín no primeiro semestre de 2022, 90 persoas con discapacidade teñen un emprego na comarca. Isto permítelles gañar autonomía dentro de sociedade, independentemente da discapacidade que teñen.

Grazas a este acordo, Cogami disporá dun espazo nas instalacións municipais que o Concello lle cede de xeito gratuíto. A entidade disporá del para crear un punto de información e asesoramento para desenvolver a súa actividade. A finalidade será mellorar as oportunidades das persoas discapacitadas na comarca, potenciando a colaboración con empresas da contorna ou favorecendo a difusión das actuación realizadas polo colectivo.

Seoane recalcou que desde o Concello "sempre estamos dispostos a que este tipo de iniciativas se leven a cabo na vila, polo que poñemos a enteira disposición de Cogami todos os recursos municipais pertinentes". Ademais de favorecer os servizos sociais, o consistorio tamén se implica na coordinación con iniciativas sociais externas co fomento da solidariedade e a participación social. "Verín conta coa infraestrutura e dependencias axeitadas ás necesidades de Cogami", engadiu.

Melloramos os servizos que Cogami presta no municipio, favorecendo as oportunidades das persoas con discapacidade da comarca (Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín)

A entidade social traballa co Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego para persoas con discapacidade, axudándoas a inserirse no mercado laboral. Por outra banda, tamén colaboran co Servizo Público de Emprego de Galicia, sen esquecer a súa loita polos dereitos deste colectivo para os que tamén organizan cursos de formación adaptados.

A renovación da colaboración entre o Concello e Cogami supón "unha mellora dos servicios prestados pola entidade no municipio, favorecendo as oportunidades das persoas con discapacidade en toda a contorna, xerando ademais lazos entre os futuros proxectos que se poidan lanzar desde ambas e a coordinación das mesmas", apreciou Seoane. Na sinatura tamén estiveron Javier Cid, coordinador da área de Servizos Sociais municipal: e Carlos Montero, orientador laboral do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral.

Outros datos laborais no que vai de 2022 en Verín son que 249 persoas inscritas nas bolsas de emprego da comarca, 162 de Verín. Neste ano levásronse a cabo 18 insercións laborais e atenderon a 7 persoas por primeira vez. Ademais, en canto a empresas visitaron a 106 e 5 delas son novas.

NOTICIAS VERÍN | A comarca ten inseridas laboralmente a 90 persoas con discapacidade