jueves. 18.04.2024
Vista aérea do Concello de Verín. | FOTO: Carlos Montero / Manu San Martino
Vista aérea do Concello de Verín. | FOTO: Carlos Montero / Manu San Martino.

O concello de Verín acollerá mañá, ás 10:00 horas, a primeira reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o SAAD (Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia). A comisión, formada polos sindicatos, será a responsable de realizar a revisión pormenorizada de todo o proceso selectivo, así como da documentación pertinente e de emitir o dictame correspondente

A cronoloxía dos feitos

O pasado día 14 de maio, tras reunírense a parte sindical e a concelleira delegada, Rosario Rodríguez, foron aprobadas pola comisión de control as bases específicas de dita convocatoria. Nas mesmas, constaban hora e data da realización da proba práctica, que se indicaría posteriormente no listado de admitidos e excluídos.

Unha semana despois, iniciouse por decreto da concellería de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais o proceso de selección para esta contratación conforme aos criterios e requisitos específicos sinalados na resolución. Este decreto foi publicado o día 24 a través dos medios habituais así como na sede electrónica do Concello de Verín.

 Na tarde do día 3 de xuño realizouse a proba práctica que, unha vez rematada, foi corrixida polo tribunal calificador e disposta da correspondente puntuación segundo as bases específicas. Tras a correción, o tribunal redactou a acta do primeiro exercicio da proba, momento no que a secretaria municipal advertía dun "resultado anómalo". Finalmente a acta, na que se certificaba que unha única candidata superara o exame con 19 puntos despois de contestar 38 preguntas correctamente, foi asinada por tódolos membros presentes.

NOTICIAS VERÍN | A comisión de control reúnese mañá para revisar o proceso selectivo do...