
12:26 do 9 de xuño de 2021
Vén de arrancar a primeira das sesións da comisión de control dos procesos selectivos no Concello de Verín, instada polo grupo de Goberno e na que participan as forzas sindicais con representación, trala polémica xurdida polos resultados da proba de avaliación dos candidatos a ocupar o posto de traballador/a social do consistorio verinense.
O rexedor, Gerardo Seoane, ofrecerá declaracións aos medios ás 11:00 horas ás portas da casa consistorial.