Venres. 29.03.2024
Imaxe da película The Cameraman, que se proxectará na inaguración do FIC mañá ás 20:30 horas na Praza García Barbón.
Imaxe da película The Cameraman, que se proxectará na inaguración do FIC mañá ás 20:30 horas na Praza García Barbón.

É semana de cine, e moito máis, en Verín. O Festival Internacional de Curtas Vía XIV dará comezó mañá á súa séptima edición e farao con novidades. Este ano, o evento cultural por excelencia da vila quere saír á rúa e, esta primeira xornada, será exemplo diso. A Praza García Barbón acollerá esa sesión inaugural cunha cinta que se proxectará ó aire libre.

A película "The Cameraman", de Buster Keaton, foi a escollida para proxectarse ante o público que se congregue mañá ás 20:30 horas na Praza García Barbón. E non estarán sós. O trío Casperverk será o encargado de musicalizar esta cinta cómica de de cine mudo que se estreou en 1928.

Despois de dúas edicións marcadas polas restriccións da pandemia, o FIC que volver a converterse nun punto de encontro cultural, onde todo o talento da comarca teña un oco no que poder facerse ver. Levar a inauguración do festival á rúa é un exemplo de que o FIC quere ser máis participativo para a xente da vila e da toda Monterrei.

 

Mañá darase a sáida a seis días cheos de cinema, pero tamén de música, gastronomía e moito máis. Nesta edición contarán con 18 curtas dunha ducia de países que se repartirán en tres categorías e que se proxectarán ao longo da semana no Auditorio de Verín.

As curtas "Voil de nuit", de Bélxica; "Espejismos", de España; e "MTI", de Chile; proxectaranse o mércores e o venres ás 18:45 horas como parte da categoría Horizontes. Neste mesmo grupo tamén se encontran "Can cardell", de España; "Sikiitu", de Canadá; e "In flow of words", de Países Baixos; e poderanse ver os xoves e o sábado ás 18:45 horas.

Na categoría Nova participan as curtas "Está amaneciendo" e "Caballo de espuma", ambas de España; e "Souvenir d'une aprés-midi d'eté", de Francia; que se proxectarán o xoves ás 22:00 horas e o sábado ás 17:30 horas. Este grupo complétano "Shark", de Australia; "The last day of patriarchy", de República Checa, Francia e Eslovenia; e "Crossroad", de Francia, veranse o venres e o sábado ás 22:00 horas.

Por último, na categoría de A Raia están as curtametraxes "Rompente" e "O que queda", de España; e "Luz de presença", de Portugal. As súas proxeccións terán lugar o mércores ás 22:00 horas e o venres ás 17:30 horas. O grupo péchano "Cineris" e "O niño dos paxaros", de España; e "O teu nome é", de Portugal; que se poderán ver o mércores ás 20:30 horas e o sábado ás 12:00 horas. 

NOTICIAS VERÍN | O cinema sae á rúa para inaugurar a séptima edición do FIC