martes. 23.04.2024
Cartel promocional da mobilización organizada pola CIG.
Cartel promocional da mobilización organizada pola CIG.

A Confederación Intersindical Galega convoca á veciñanza a unha nova mobilización para protestar contra a subida do prezo da luz, tal e como o fixera en pasadas concentracións por cidades de todo o territorio galego. Desta volta trátase dunha queima simbólica de facturas, que terá lugar o vindeiro domingo 3 de outubro en 24 localidades das catro provincias.

Este acto, no caso da nosa comarca, celebrarase ás 12:00h na praza do Concello de Verín. Unha iniciativa, tal e como sinala a propia formación no cartel promocional, "contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega".

A central sindical chama a levar as facturas da electricidade para facer unha queima colectiva, "simbolizando a queima das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética". Fronte a isto, reclaman a implantación dunha tarifa eléctrica galega, "con reducións no noso territorio, comezando por unha baixada do 30% das peaxes do sistema eléctrico, por ser Galicia produtora excedentaria de enerxía".

NOTICIAS VERÍN | A CIG organiza unha queima pública de facturas contra o prezo da luz