
17:16 do 22 de agosto de 2022
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, excepto as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos. Dende este martes e ata o vindeiro venres 26 de agosto, o camión estará estacionado no parque da Preguiza, a carón da Alameda. Poderán achegarse ata el todos aqueles maiores de 55 anos, sempre que soliciten cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico [email protected].
Os servizos que prestan, todos gratuítos, son os seguintes:
- Podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
- Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habela.