lunes. 20.07.2026
A profesión veterinaria denuncia que a lei supón cargarse o criterio clínico facultativo

NOTICIAS VERÍN | Peche simbólico dos centros veterinarios da vila polas restricións para recetar medicamentos

20250211 acto reivindicativo veterinaria_albeitar02
Os centros veterinarios de Verín sumáronse ao peche simbólico de media hora esta mañá. | FOTO: Cedida.

Esta mañá os centros veterinarios de Verín pecharon as súas portas durante media hora, sumándose ao acto reivindicativo que se levou a cabo en toda España como protesta ante a nova normativa sobre medicamentos veterinarios. Unha lei que, tal e como denuncia a profesión veterinaria, supón cargarse o benestar animal, o código deontolóxico e o criterio clínico facultativo.

Un peche simbólico porque consideran que a lei crea restriccións que afectan á calidade da atención aos animais e, tamén, á dignidade profesional ao limitar a prescripción, non favorecer o criterio clínico e obrigar a pautar medicamentos que poden non estár indicados para as patoloxías. 

20250211 acto reivindicativo veterinaria_centro veterinario
O centro veterinario "Don Guau" baixaba a súa rexa esta mañá.

É dicir, unha lei que limita a prescripción do tratamento ao prospecto do produto, basado nos estudos da farmacéutica que os comercialeza pero non na indicación médica basada na bibliografía e na evidencia científica. Sen embargo, existen fichas clínicas de produto que non foron actualizadas dende o 2003, polo que están obsoletas ante o avance dos estudos científicos; se hai novos fármacos máis indicados para calquer doenza non se poden utilizar.

Unha lei para limitar o uso de antibióticos

A limitación do uso de antibióticos é unha necesidade urxente, pero a prescripción veterinaria supón só o 0,08 % do total en España. E hai que sumarlle que a falta de formatos axeitados fai que se teñan que prescribir envases nos que sobra máis medicación da necesaria para o tratamento.

"El veterinario muchas veces está condenado a prescribir envases en los que sobra más medicación de la necesaria para el tratamiento, hecho que genera una mayor cantidad de residuos a nivel medioambiental, favorece la automedicación y potencia la creación de antibiorresistencias, obviando el ampliamente reconocido concepto de One Health y resultando en el efecto contrario al que se pretende conseguir con esta regulación", sinalan dende EmpreVet, a asociación que aúna as patronais veterinarias de Aragón (AEVAR), Galicia (EVGAL), Málaga (AEMAVE) e Sevilla (CEVE SEVILLA).

20250211 acto reivindicativo veterinaria_san roque
A clínica veterinaria San Roque co escaparate empapelado cos carteis da protesta.

O Real Decreto 666/2023, polo que se regula a prescripción, dispensación e uso de medicamentos veterinarios, comezou a aplicarse o ano pasado no gando e foi a comezos do 2025 cando a súa aplicación se fixo obrigatoria nos pequenos animais e nas mascotas. 

NOTICIAS VERÍN | Peche simbólico dos centros veterinarios da vila polas restricións...