viernes. 26.04.2024
O estado actual das obras no Centro Ocupacional.
O estado actual das obras no Centro Ocupacional. | FOTO: Fundación de Discapacitados Psíquicos

Os usuarios do Centro Ocupacional de Verín, sede da Fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca están, como moitos outros veciños, desfrutando dunhas merecidas vacacións. Non obstante, a súa segunda casa, o lugar no que conviven cinco días á semana, non pechou as súas portas, pois atópase acondicionando as instalacións de cara a un mellor servizo para todos eles.

Durante este mes de agosto levaron a cabo unha reforma ampla das súas instalacións. Entre as melloras, renovación das estruturas metálicas, solución de humidades, eficiencia enerxética e ampliación e acondicionamento dos espazos que utilizan para as diferentes actividades cos usuarios do centro. 

Reformas no interior do Centro Ocupacional.Reformas no interior do Centro Ocupacional.

O resultado, un espazo cunha clara mellora estética e un extra de funcionalidade que beneficiará un traballo que veñen realizando dende o ano 2000, momento de apertura do centro ocupacional. O obxectivo do centro é darlles aos usuarios unha continuidade nos seus estudos e apoio tanto no eido educativo como social.  No centro conviven 17 usuarios con discapacidade psíquica leve, todos eles con idades comprendidas entre os 20 e os 60 anos e totalmente autónomos, que realizan cada día diferentes actividades de estimulación cognitiva, de ocio ou deportivas.

NOTICIAS VERÍN | O Centro Ocupacional, lavado de cara para a próxima tempada