miércoles. 24.04.2024
Novos columbarios no cemiterio de Verín.
Novos columbarios no cemiterio de Verín.

O Concello de Verín vén de anunciar a incorporación de 450 columbarios ao cemiterio municipal -cunha capacidade máxima de seis urnas cada unha-. Esta ampliación está debida á necesidade de mellora das instalacións dando resposta ao crecente aumento de incineracións e estará executada no nexo das zonas nova e vella do camposanto.

Segundo explicou o alcalde do municipio, Gerardo Seoane, dende hai anos a capacidade do cemiterio resulta insuficiente para atender as necesidades do Concello. "O elevado grao de saturación dos mesmos así como alto índice de envellecemento poboacional fai necesario prever posibles alternativas coas que contar tanto no presente coma nun futuro cercano. E por isto que crearemos esta nova zona de columbarios e aprobaremos provisionalmente, de maneira inmediata, o Plan especial para a creación do novo cemiterio".

211102 columbarios verin2-2

Pola súa banda o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, salientou que "na actualidade, unha porcentaxe elevada das familias escollen a incineración como método para despedir ao seu ser querido. Coa implementación desta nova zona de columbarios damos resposta á demanda actual deste tipo de servizo funerario por parte da cidadanía".

Novo cemiterio

Por outra banda, o rexedor anunciou tamén que o plan especial para a execución do novo cemiterio xa dispón de todos os informes sectoriais e será aprobado provisional de forma inmediata. O obxecto deste plan é crear unha área dotacional pública  preto do centro urbano na que desenvolver o novo cemiterio municipal.

O plan especial executarase, desde a súa aprobación definitiva, nunha única fase dun ano de duración. Na mesma levaranse a cabo as expropiacións pertinentes dos terreos e executarase o acondicionamento da parcela para a construción do novo recinto. O novo campo santo, estará situado entre as localidades do Salgueiro e Vilamaior e terá una superficie total de 47.992 metros cadrados.

NOTICIAS VERÍN | O Concello dotará de columbarios ao cemiterio mentres ultima a...