jueves. 25.04.2024
Distintivo que terán os comercios adheridos a esta iniciativa.
Distintivo que teñen os comercios adheridos a esta iniciativa.

O pasado luns, a Xunta puxo a disposición dos galegos o Bono Activa Comercio para obter este vale que permite conseguir descontos na compras en negocios locais. A día de hoxe, estes bonos xa se esgotaron, despois de que 166.000 persoas o descargasen en só tres días.

A iniciativa, que prevé mobilizar 17 millóns de euros en compras no comercio de proximidade, volveu ser un éxito de demanda. O primeiro día para obtelo, a web xerou dificultades de acceso ante o elevado volume de persoas que intentaban conseguir o seu bono. Agora, aqueles que xa teñan un no seu poder dispoñen dun saldo de 30 euros a descontar nas compras establecementos adheridos ata o 31 de decembro. Os comercios que aínda non forman parte desta inciativa teñen ata o 30 de novembro para unirse.

Os descontos dispoñibles varían segundo o gasto. As compras de entre 20 e 30 terán unha rebaixa de 5 euros; as superiores a 30 e inferiores de a 50 conseguirán un desconto de 10, mentes que as que superen os 50 obterano de 15 euros.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Economía é o de axudar ás familias a aliviar o impacto da inflación na súa capacidade de gasto e tamén incentivar as compras nas tendas locais nunhas importantes datas para a súa actividade comercial.

NOTICIAS VERÍN | Os Bonos Activa Comercio esgótanse en tan só tres días