jueves. 25.04.2024
Distintivo que terán os comercios adheridos a esta iniciativa.
Distintivo que terán os comercios adheridos a esta iniciativa.

O Bono Activa Comercio da Xunta xa se pode obter dende hoxe para mercar con descontos nos establecementos adheridos a esta iniciativa. Os clientes do comercio de proximidade só teñen que descargar o bono, en formato QR, a través da web bonosactivacomercio.gal. Nela, os beneficiados poderán consultar a lista de comercios adheridos.

A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros para esta iniciativa, mentres prevé mobilizar 17 en compras no comercio de proximidade. Os descontos, de ata 30 euros, repartiranse en función do gasto feito polo cliente que dispoña deste bono. Este ano, a novidade é a ampliación de rebaixa e importes, con descontos de 5 euros por compras de entre 20 e 30 euros; de 10 polas que sexan superiores a 30 e inferiores a 50; e de 15 polas que superen os 50 euros de compra.

Os establecementos que queiran participar aínda están a tempo de adherirse ao Bono Activa Comercio, sendo a data límite o 30 de novembro. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Economía é de axudar ás familias a aliviar o impacto da inflación na súa capacidade de gasto e tamén incentivar as compras nas tendas locais nunhas importantes datas para a súa actividade comercial.

NOTICIAS VERÍN | O Bono Activa Comercio xa está dispoñible para mercar con descontos