sábado. 20.04.2024
Membros do voluntariado cultural da biblioteca de Verín
Membros do voluntariado cultural da biblioteca de Verín.

O Ministerio de Cultura recoñeceu o labor da biblioteca pública de Verín, que por terceiro ano consecutivo se atopa entre as mellores de España. O seu proxecto "Voluntariado cultural: Repaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura" serviulle para recibir o premio María Moliner pola animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Os galardóns, que os concede o Ministerio de Cultura e Deporte xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias, contou coa participación de 547 proxectos de todo o país. O da biblioteca de Verín foi un dos 370 seleccionados, cunha das puntuacións máis altas.

O biblioteca leva anos situándose nos primeiros postos deste concurso e, neste 2022, levan un premio que inclúe 2.777,77 euros que se destinarán, como xa se fixo antes, a mellorar máis o servizo e as intalacións con compra de material ou libros, entre outros.

Desde a biblioteca lamentan non poder atoparse no galardón especial ás dez mellores "porque as bases exclúen aos gañadores de anos anteriores para volver levar a cantidade máis alta" do premio. Este recoñecemento recibírono no ano 2020, polo que aínda non poden ser recoñecidos nel. Desde o 2008, a presenza da biblioteca de Verín entre as máis destacadas de España pola súa actividade é case unha constante, destacando o 2017 cando levou o primeiro premio polo proxecto de voluntariado.

Por outro lado, o Concello felicitou a todo o equipo de profesionais que compoñen a biblioteca polo se "excelente labor e traballo" que é recoñecido unha vez máis. "É un auténtico orgullo para os verineses", celebra Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

O proxecto de voluntariado cultural naceu hai 13 anos, posicionando á biblioteca como un referente da cultura no concello. As actividades que se fan son moi diversas e van desde conferencias e exposición ata outras máis lúdicas como pode ser a "bibliopiscina" no verán, todo grazas á colaboración dos voluntarios. Neste programa destaca tamén o afán de integración social e a colaboración con Portugal.

NOTICIAS VERÍN | A biblioteca de Verín, entre as mellores do país por terceiro ano seguido