
15:08 do 5 de xullo de 2021
Dende hoxe e ata o vindeiro 1 de setembro, seis axentes da Garda Nacional Republicana de Portugal únense ás filas da Garda Civil de Verín. O motivo non é outro que a creación de patrullas mixtas para reforzar a seguridade durante o Xacobeo 2021.
A colaboración entre ambas institucións data de hai anos atrás dada a proximidade entre as localidades de Chaves e Verín, pois só 30 quilómetros as separan. Por exemplo, no Destacamento de Tráfico este tipo de colaboración era algo habitual, sobre todo, desde que chegou como xefe da sección o tenente Juan Carlos Nogueiras, recentemente galardoado coa medalla de bronce ao mérito de protección civil e que, o pasado mes de abril, se despedía de Verín para continuar ao mando na capital ourensá.