María D.
31 de agosto de 2021, 15:44
A Axencia Estatal de Meteoroloxía vén de activar o aviso amarelo por chuvia e treboadas para a tarde de mañá 1 de setembro na comarca de Monterrei e, en xeral, en todo o sur da provincia de Ourense.
Advirten da posibilidade de acadar unhas precipitacións acumuladas de ata 15 litros por hora, saraiba e fortes refachos de vento. O aviso está activado dende as 5:00h da madrugada de mañá e materase durante toda a xornada.