viernes. 26.04.2024
lume verin (122) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
O lume provocado en Verín puxo en risco a moitas vivendas. | FOTO: Noelia Caseiro.

Despois dunha semana ardendo, Medio Rural deu por extinguido o lume intencionado que afectaba a Verín. A Consellería estima que neste incendio, que tivo ata dez focos activos ao mesmo tempo, se queimaron unhas 600 hectáreas. Non precisan a superficie concreta calcinada, xa que ahora comezarán os traballos para comprobar os danos que causou.

 

Os axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) traballa desde a semana pasada para tentar dar con responsable deste lume, que puxo en perigo a moitos núcleos de Verín e en Vilardevós. Desde o luns permanecía controlado e parece que as choivas de onte deron o último empuxón para conseguir extinguilo.

Atrás queda a tarde e a noite do 3 de agosto, un día que para os veciños de Verín e dalgúns núcleos de Vilardevós será moi difícil de esquecer ao ver que o podían perder todo. A mobilización dos veciños e dos efectivos de extinción, que incluso chegaron desde Portugal, evitaron a gran destrución que o incendiario quixo causar.

 

Co lume xa extinguido, comezarase a valorar os estragos que causaron as lapas e a posibilidade de solicitar axudas para palialos. O Concello estuda pedir a declaración de zona catastrófica para que así os veciños máis afectados teñan un apoio económico.

NOTICIAS VERÍN | O ataque incendiario en Verín deixa unhas 600 hectáreas queimadas