jueves. 25.04.2024
Entrada ao salón de actos da Casa da Cultura de Verín. | FOTO: Carlos Montero.
Entrada ao salón de actos da Casa da Cultura de Verín. | FOTO: Carlos Montero.

A partir de mañá, o Concello de Verín retoma a programación estable de cinema comercial no Salón de Actos da Casa da Cultura. As dúas primeiras películas que se proxectarán os días 4, 5 e 6 de novembro serán Los renglones torcidos de dios (Oriol Paulo) e Os Minions, a orixe de Gru (Kyle Balda, Brad Ableson, Jonathan do Val).

Tamén, este venres 4 de novembro, ás 18:30 horas, proxectarase no Salón de Actos a penúltima película enmarcada no Ciclo Mestre Mateo: Tres, con Marta Nieto no papel dunha deseñadora de son que perde a "sincronía" co mundo, chega este fascinante drama fantástico do director nomeado ao Óscar Juanjo Jiménez. Este filme foi galardoado na XX edición dos premios Mestre Mateo como mellor longametraxe, mellor actriz protagonista (Marta Nieto) e mellor son (Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts).

Interior do salón de actos da Casa da Cultura, coas súas butacas anovadas. | FOTO: Carlos Montero.
Interior do salón de actos da Casa da Cultura, coas súas butacas anovadas. | FOTO: Carlos Montero.

Instalacións renovadas

Ademais, as persoas que se acheguen a algunha das actividades programadas no Salón de Actos da Casa da Cultura encontraranse cunhas instalacións cun aspecto renovado xa que foron reformadas todas as súas butacas, así como actualizada a sinalética exterior do acceso edificio, que agora conta con letras corpóreas.

Horarios

04/11/22

  • Tres: 18:30 horas
  • Los renglones torcidos de dios: 20:30 horas

05/11/22

  • Minions, el origen de Gru: 17:00 horas
  • Los renglones torcidos de dios: 19:00 e 22:15 horas

06/11/22

  • Minions, el origen de Gru: 17:00 horas
  • Los renglones torcidos de dios: 19:00 e 22:15 horas

NOTICIAS VERÍN | Arrinca de novo o cinema municipal, con novas butacas