viernes. 26.04.2024
Diego Lourenzo, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, na presentación da campaña de Aever.
Diego Lourenzo, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, na presentación da campaña de Aever.

Arranca a segunda campaña 'Os 6.000 de Verín', promovida por Aever -Asociación de Empresarios de Verín- para fomentar o comercio local e de proximidade. Con cada compra entre hoxe día 18 e o 28 de decembro nas tendas asociadas, os verineses terán unha oportunidade para gañar un premio de 2.000 euros, outro de 1.000 e seis de 500 euros, que deberán ser utilizados entre o día en que se realice o sorteo e a noite de Reis do 2022.

En concreto, son 130 establecementos adheridos -quen financian o 100% dos recursos habilitados para os premios- dun total de 167, cinco máis que na tempada anterior, algo que valora moi positivamente o xerente de Aever, José Ángel Rodicio. "Hai que ter en conta que varios dos nosos establecementos botaron o peche por diversos motivos pero conseguimos que se uniran algúns máis. Cónstanos que noutras asociacións houbo moitas baixas pero afortunadamente na nosa podemos dicir o contrario".

Estas novas incorporacións veñen protagonizadas por comercios de nova apertura aínda que tamén "por outros máis veteranos que nunca se asociaran pero que agora decidiron facelo", engade Rodicio.

Bonos Activa Comercio

Aever recorda ademais que esta campaña está activa xunto coa utilización dos Bonos Activa Comercio, en funcionamento dende o pasado mes de maio e cos que é posible obter descontos por compras superiores a 30 ou 50€ nos establecementos adheridos á promoción. Esta campaña estará en vigor ata o vindeiro 31 de outubro, así que se conservas fondos no teu bono bota unha ollada á listaxe de tendas nas que aínda podes utilizalo

NOTICIAS VERÍN | Arranca a segunda campaña dos 6.000 de Aever cun incremento de asociados