Venres. 29.03.2024
Hospital Público de Verín.
Hospital Público de Verín.

Desde hoxe os tres hospitais públicos da provincia en Ourense, Verín e Valdeorras contarán con 143 profesionais máis con praza en propiedade tras superar unha das oferta públicas de emprego que culminan hoxe e polo que se incorporarán ao do Servizo Galego de Saúde 996 facultativos especialistas e 318 son técnicos sanitarios.

Na Área Sanitaria de Ourense abrese hoxe o prazo para a toma de posesión dos 112 médicos e medicas de trinta e dúas especialidades, 86 no Hospital Universitario de Ourense e 26 nos hospitais públicos de Valdeorras, 14, e Verín 12. Xunto a eles tomarán posesión estes días 32 técnicos/as superiores, 22 en Ourense, 5 en Valdeorras e 4 en Verín.

Entre o persoal das distintas especialidades as máis numerosas son pediatría, con 9 prazas, urxencias, con 13; xinecoloxía e obstetricia, con 7; anestesia e reanimación, con 9 nos tres hospitais, e cirurxía xeral e do aparello dixestivo e Radiodiagnóstico ambos con 6.

No caso do hospital verinense, incorporaranse un especialista en Análises Clínicos, dous en Anestesia, un médico de Dixestivo, unha dermatóloga, un farmacéutico, un neurólogo, un oftalmólogo, un oncólogo e tres médicos de Urxencias

Destaca, como non podería ser doutro xeito, a incorporación dunha nova dermatóloga, despois de tres anos sen contar cun profesional nesta especialidade que obrigaba aos pacientes da comarca a desprazarse a Ourense. 

A esta estabilización dos facultativos especialistas hospitalarios sumase a recente incorporación, o pasado mes de outubro, dos 21 novos titulares de Medicina Interna (11) e Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica(10). Por Hospitais: 4 internistas tomaron posesión das súas prazas no Hospital Público de Valdeorras, 2 no de Verín, e 5 no de Ourense. Mentres que os de Traumatoloxía corresponden 7 ao de Ourense, 2 ao do Valdeorras e un no de Verín.

Tamén por especialidades tomarán posesión desde hoxe 3 técnicos superiores en anatomía patolóxica no Hospital U. de Ourense, 15 en radiodiagnóstico (1 en Verín, 1 no Barco), 5 de Laboratorio (2 no Barco, 3 en Verín) e 8 de Farmacia (6 en Ourense e 2 no Barco).

NOTICIAS VERÍN | Tres anos despois, o hospital terá de novo dermatólogo