jueves. 25.04.2024
Alumnos do Chivite nomeados como embaixadores junior do Parlamento Europeo.
Alumnos do Taboada Chivite nomeados como embaixadores junior do Parlamento Europeo.

O IES Xesús Taboada Chivite únese neste curso ao programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS), sendo unha das 38 novas que se integran este ano entre as 400 que optaban a formar parte dela. Este mércores, máis dunha ducia de alumnos do centro recibiron a súa acreditación como embaixadores junior do Parlamento Europeo e serán os encargados de transmitirlle ós compañeiros o que é este organismo de goberno da Unión Europea.

O programa das EPAS levas ás aulas a democracia parlamentaria europea e amosa ós estudantes para que serve a Eurocámara, ademais de animar ó alumnado a participar activamente nos procesos democráticos da Unión Europea. Os estudantes do Taboada Chivite acreditados como embaixadores junior non estarán sós, xa que os acompañarán en todo este proceso os embaixadores sénior, os profesores. A finais de setembro, docentes do centro verinés participaron nunhas xornadas formativas deste programa en Madrid.

Os embaixadores das EPAS no Chivite teñen claras as súas funcións. O programa contempla a preparación de clases sobre a democracia parlamentaria europea, dispoñendo de materiais didáctos e interactivos do Parlamento Europeo, que contén información xeral, datos sobre a Unión Europea, formación en habilidades e participación democráticas, xogos de rol para a aula e concursos. Ademais, tamén terán que organizar actividades como é a creación dun punto de información da UE ou festexar Día de Europa o 9 de maio e xerar contidos nas redes sociais, entre outras.

No remate de curso, as actividades feitas polo centro serán avaliadas e certificarase a súa participación. Os embaixadores, tanto junior como sénior, recibirán os seus certificados nun acto organizado pola Oficina de Enlace do Parlamento Europeo local, ubicadas en Madrid e Barcelona. Nesta cerimonia pódese contar coa presenza de eurodiputados, autoridades nacionais e locais, e socios. Ademais, o profesorado e o alumnado teñen a posibilidade de participar en sesións da Euroescola, en Estrasburgo (Francia); ou noutros actos organizados polo Parlamento Europeo nalgún dos Estados membros, en Bruselas (Bélxica) ou en Estrasburgo.

Os estudantes recibiron as súas acreditacións este mércores.
Os estudantes recibiron as súas acreditacións este mércores.

NOTICIAS VERÍN | Alumnos do Taboada Chivite convértense en embaixadores do Parlamento...