martes. 23.04.2024
220121 FIRMA CONVENIO CORAL VERIN
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e María Coroa Meixeira Romasanta, presidenta da Asociación Verinense de Amigos da Música, asinan o convenio de colaboración.

O Concello de Verín e a Asociación Verinesa de Amigos da Música renovaron esta mañá o seu convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradicional colectivo musical de Verín. No acto da firma do convenio, estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a
presidenta da Asociación Verinesa de Amigos da Música, María Coroa Meixeira Romasanta.

Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á Asociación Verinesa de Amigos da Música, a cal comprométese a realizar durante o ano 2022 seis actuacións do Coral de Verín. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.

NOTICIAS VERÍN | Achega de 3000€ do Concello á Coral de Verín