miércoles. 09.10.2024
210629 PISCINAS DESCUBIERTAS_2 (1)-min
Unha das tres piscinas descubertas do Concello de Verín.

O Concello de Verín vén de anunciar, a través da concelleira de RR. HH. e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, a data de apertura das piscinas municipais para este verán. Será o vindeiro xoves, 1 de xullo e, ao igual que o ano pasado, realizarase coas pertinentes modificacións no seu uso, destinadas a garantir a seguridade dos seus usuarios e atendendo ás actuais indicacións sanitarias.

O aforo total das instalacións será dun máximo de 400 persoas que abrirán de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00h. Estarán debidamente diferenciados o acceso e a saída, sendo obrigatorio o uso da máscara en recepción e vestiarios, nos cales non estarán dispoñibles as duchas. Tamén o será no exterior sempre que non se poida manter a distancia mínima establecida. Todo o recinto será limpado e desinfectado de maneira reforzada para cumprir co esixido pola lexislación en materia de Covid-19.

Tamén se dispoñerá de dispensadores de xel desinfectante e o uso de calzado de piscina será obrigatorio. Será tamén de carácter obrigatorio cumprir coa sinalización establecida en todo o recinto e obedecer ás indicacións dos empregados. 

Na zona de baño tamén estará disposta unha entrada e unha saída diferenciadas e estará prohibido o uso de xoguetes ou outros obxectos de entretemento. Dende o Concello chaman á precaución, recordando que a reapertura das piscinas non implica baixar a garda con respecto ao virus. A concelleira, Rosario Rodríguez, tamén anunciou a reapertura do servizo de bar

As tarifas de acceso

  • Se dispón da tarxeta da Eurocidade:
    • 0,75 € para menores de 14 anos
    • 1,40 € para maiores de 14 anos
  • Se non dispón da tarxeta da Eurocidade:
    • 0,90 € para os menores de 14 anos
    • 1,75 € para os maiores de 14 anos
  • Os menores de 2 anos poderán acceder de balde

 

NOTICIAS VERÍN | Abren as piscinas municipais descubertas con estritas medidas anticovid