martes. 16.04.2024
06092019 NP CONCELLO DE VERIN - Festa clausura Ludoteca e Campamento Urbano 2019 (2)
Festa de clausura da Ludoteca e o Campamento Urbano, na súa edición do 2019.

Dende este xoves, 26 de maio, o Concello de Verín abre o prazo de inscrición da ludoteca de verán "Convive en Igualdade", actividade destinada a menores de 3 a 10 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Este servizo de conciliación familiar, que busca cubrir o tempo vacacional dos cativos e cativas, comezará o 27 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Estará dispoñible de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil (sete monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais de doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas).

HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS

SERVIZO EMPADROADOS NON EMPADROADOS
Completo 133 163
1 mes + 1 semana 67 97
Quincena 55 85
Semana 25 55
Por día solto 7 12

 

HORARIO DE 8:00 A 14:30 HORAS

SERVIZO EMPADROADOS NON EMPADROADOS
Completo 159 198
1 mes + 1 semana 80 110
Quincena 60 96
Semana 30 60
Por día solto 9 14

 

A Ludoteca de Verán é un espazo de conciliación familiar destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, que se realizará nas instalacións do CEIP Princesa de España e nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e Pavillón de Deportes.

E... Cales son as actividades?

As actividades que se desenrolarán son, entre outras:

  • animación á lectura e contacontos (contos clásicos e cómics para poñer en valor a lectura e os libros),
  • piscina,
  • cine infantil,
  • obradoiros medioambientais, de refugallo (para concienciar da importancia da reciclaxe, realizando actividades coa axuda de materiais cotiás), 
  • día da fotografía,
  • día do emoticono,
  • día internacional da amizade,
  • día de Galicia,
  • xogos de auga,
  • día da música,
  • día da Igualdade,
  • día da froita ou
  • mini olimpíadas campistas.

 

Por outra banda, este ano recuperaranse festas que pola pandemia non puideron celebrarse, como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, festa da escuma, actividades coa Cruz Vermella, visita ás instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, e o desfile da Ludobatucada, no que eles mesmos realizarán os seus disfraces.

Tamén haberá novas e divertidas actividades: bailes tictoc, Ludofashion Day, xogo das chapas, zumba kids, obradoiro de máscaras, festival de cinema infantil, etc.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:30 horas. Terán preferencia os pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e familias monoparentais por orde de inscrición e pago ata cubrir prazas. Para máis información, poderase contactar no 988 41 47 76.

E para os menos cativos atá os 14 anos?

Para idades entre os 11 e os 14 anos, o Concello de Verín deseñou no seu día o Campamento Urbano "Támega", que se realizará nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e do Pavillón de Deportes, entre as 9:30 e as 14:00 horas. Este servizo de conciliación familiar, que busca cubrir o tempo vacacional dos cativos e cativas, comezará o 27 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Estará dispoñible de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil (sete monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais de doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.)

Velaquí algunhas das actividades

Algunhas das actividades a realizar son:

  • acampadas nocturnas,
  • rutas de sendeirismo,
  • xogos olímpicos,
  • xogos tradicionais,
  • piscina,
  • piragüismo,
  • obradoiros de pintura,
  • saídas ao río,
  • skatepark,
  • bicicletada,
  • rutas de sendeirismo para coñecer, desfrutar e aprender da diversidade e patrimonio de Verín e comarca,
  • xymcanas por Verín,
  • actividades en igualdade,
  • torneo de ping-pong,
  • recuperación da excursión a Natur Water park,
  • bailes tic toc e
  • un senfín de xogos variados: xogos de pista, atrapa a bandeira, carreiras de obstáculos, bombas de auga, balón prisioneiro, macedonia, o grito da selva, festival de cinema infantil, etc.

NOTICIAS VERÍN | Abre a inscrición para a oferta de lecer que o Concello programa para...