miércoles. 01.05.2024
Un dos expositores da pasada edición da feira de Nadal 2021.
Un dos expositores da Feira de Nadal en pasadas edicións.

Como vén sendo habitual, Verín volverá ter iste ano a súa Feira de Nadal co obxectivo de incentivar o comercio local na vila. Celebrarase os días 8, 9 e 10 de decembro, coincidindo co final da longa ponte festiva. O Concello de Verín vén de abrir o prazo para participar nela e poder ter unha das casetas que se instalarán na Praza Maior.

A partir de mañá, e ata o vindeiro 20 de novembro, todas as persoas interesadas en montar unha das casetas da Feira de Nadal poderán enviar á organización as ideas e propostas do seu produto e da decoración do seu stand. Diste xeito, xa se pode formalizar a inscrición, tendo en conta as condicións de participación que marca a organización do evento, que terá unha cota de 45 euros.

A Feira de Nadal arrancará o venres, día 8, pola tarde; o sábado e o domingo estará aberta en horario de mañá e de tarde. Quen quera participar, deberá comprometerse a ter un ambiente navideño na súa caseta; con embalaxes, luces, envases ou envoltorios típicos do Nadal. Tamén se poderá complementar coa degustación de produtos típicos desta época. 

NOTICIAS VERÍN | Abre o prazo para as casetas da Feira de Nadal de Verín