Venres. 27.01.2023
O interior da piscina climatizada de Verín.
O interior da piscina climatizada de Verín.

Ás 16:00h do día de hoxe, mércores día 29 de setembro, a piscina climatizada da vila abrirá os prazos de inscrición para os seus cursos de natación impartidos a nenos, adultos e bebés.

Os cursos destinados a nenos de entre 3 a 6 anos, contarán con dous horarios diferentes: un de 16:15h ata as 17:00h; e outro de 17:30h a 18:15h. Para aqueles que superen os 7 anos, as clases impartiranse de 18:45h a 19:30h. Todos poderán escoller os días que máis se adecúen ao seu estilo de vida ou a outras actividades: luns e mércores, martes e xoves ou soamente os venres. As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada.

Máis información no teléfono 988 414 184.

NOTICIAS VERÍN | Abre o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina...
comentarios