viernes. 19.04.2024
ludoteca
Os nenos participantes na edición do 2019, acompañados por membros do goberno local e os traballadores.

Hoxe, luns 24 de maio, ábrese o prazo de inscrición para as actividades de verán do Concello de Verín. Trátase da Ludoteca “Convive en Igualdade”, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e destinada a menores de 3 a 10 anos; e do Campamento urbano “Támega” para menores con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos.

Este servizo, que busca cubrir o tempo vacacional da mocidade, comezará o 23 de xuño e finalizará o 7 de setembro; de luns a venres, con variedade de horarios e con distribución por idades. Estarán a cargo de persoal cualificado co que se fomentará o emprego xuvenil: Nove monitores/as de tempo de lecer, doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas. Ao igual que nas edicións anteriores hai unha ampla oferta de horarios e prezos

Taxas e horarios

  • De 9:00 a 14:00 horas
  EMPADROADOS NON EMPADROADOS
Servizo completo 133€ 163€
Metade do servizo 67€ 97€
Quincena 55€ 85€
Semana 25€ 55€

 

  • De 08:30 a 14:30 horas
  EMPADROADOS NON EMPADROADOS
Servizo completo 159€ 198€
Metade do servizo 80€ 110€
Quincena 60€ 96€
Semana 30€ 60€

Que son e onde se van realizar?

O lugar elixido para a realización destes programas estivais son as instalacións do CEIP Princesa de España e nas dependencias municipais do Pavillón da Granxa e mailo Pavillón de Deportes de Verín.

A animación á lectura e contacontos, piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de igualdade, Día da Fotografía, Día do Emoticono, Día internacional da Amizade, San Xoán, Día dos Avós, Día de Galicia, xogos de auga... son só algunhas das actividades da Ludoteca nas que poderán participar os cativos e cativas de entre 3 a 10 anos.

Para os menores de 11 a 15 anos están previstas acampadas nocturnas, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, bicicletada, ximcanas por Verín…todas enmarcadas no Campamento Urbano

As solicitudes

Tódolos interesados deberán cumplimentar o formulario na Oficina Municipal de Información Xuvenil, sita na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:00 horas. Coma sempre, daranse facilidades para aquelas familias que teñan que conciliar vida laboral e familiar, e para familias monoparentais, respectando a orde de inscrición e pago ata cubrir tódalas prazas dispoñibles. Polo momento xa hai 64 nenos inscritos. Poden recibir máis información no teléfono 988414776.

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca e o Campamento Urbano 2021