sábado. 05.10.2024
Complexo deportivo da Granxa, en Verín.
Complexo deportivo da Granxa, en Verín.

A área de Deportes do Concello de Verín vén de informar que hoxe, día 16 de agosto, abre o prazo de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.

Coa finalidade de garantir a seguridade dos deportistas, a concellería de Deportes de Verín conta cun estrito protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de  Fútbol. Deste xeito, todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte á Covid-19 ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Como, cando e onde anotarse?

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 16 de agosto e o 1 de setembro e a lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín ao mail das escolas deportivas [email protected]. No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva. Máis información no teléfono 660 776 564.

Categorías por idades

  • Xuvenil (nenos nados entre o 2003 e o 2005)
  • Cadete (nenos nados entre 2006 e 2007)
  • Infantil (nenos nados entre 2008 e 2009)
  • Alevín (nenos nados entre 2010 e 2011)
  • Benxamín (nenos nados entre 2012 e 2013)
  • Prebenxamín (nenos nados entre 2014 e 2015)
  • Biberón (nenos nados entre 2016 e 2017)

 

NOTICIAS VERÍN | Abre o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Fútbol e...