sábado. 20.04.2024
211002-CURSO-XIMNASIA-RITMICA
211002-CURSO-XIMNASIA-RITMICA

A concellaría de Deportes do Concello de Verín abrirá este luns 4 de outubro -e ata o día 15-, o prazo de inscrición para o curso de Ximnasia Rítmica 2021/2022. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Onde obter máis información?

Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible premendo nos enlaces desta nova (abaixo, RELACIONADOS) e na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas: [email protected]. No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.

Idades e grupos

As actividades que englobarían este clube estarán destinadas a menores de entre 4 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 4 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicarán a modalidade de ximnasia rítmica.

 

Beneficios desta disciplina

Entre os beneficios deste deporte podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas.

Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos e mellorar así a súa calidade de vida.

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de inscrición para as afeccionadas á ximnasia rítmica