jueves. 25.04.2024
O pavillón dos deportes volverá a albergar unha nova edición da Feira do Lázaro.
O pavillón dos deportes volverá a albergar unha nova edición da Feira do Lázaro.

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 2 e 3 de abril no Pavillón de Deportes de Verín. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 21 de marzo de 2022.

O horario de apertura está fixado pola organización entre as 10:00 e as 14:00 horas, de mañá, e das 16:00 até as 20:00 horas, pola tarde, ambos días. 

Todos aqueles interesados en formalizar a súa inscrición, poderán facelo polas seguintes vías:

  • Por rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial, ubicada na Praza do Concello, s/n.-.
  • Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.
  • Por correo electrónico: [email protected] e [email protected] . Incluír sempre ambos correos.
  • Na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (planta baixa).
  • Por fax: 988 41 19 00

 

A candidatura só será efectiva unha vez, que sexa aceptada e confirmada a participación pola organización e realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento á organización. O stand, de nove metros cadrados de espazo, terá un prezo de 70 euros. Tamén se poderá alugar diverso mobiliario, como unha mesa e dúas cadeiras (30 euros), un estante (35 euros) e un mostrador (35 euros). A forma de pagamento será, ben en efectivo en Tesourería da planta baixa da Casa do Concello, ou por transferencia bancaria ao número de conta de Abanca ES11-2080-3567-6230-4000-1312, reflectindo no concepto o seguinte texto: FEIRA LAZARO 2022 e o nome do participante ou stand.

Distribución e normas nos stands

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos; e terán prioridade por orde de entrada da solicitude e pagamento efectivo.

A montaxe e decoración dos stands deberán ser realizadas até as 9:30 do sábado día 2 de abril. A desmontaxe deberá ser realizado a máis tardar o luns día 4 de abril ás 11:00 horas. A decoración, limpeza e seguridade dos stands é responsabilidade dos/das ocupantes.

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade.  A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores. A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche. As paredes dos stands son en melanina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas.

A organización confirma que haberá un dispositivo de seguridad tanto polas noites como polo mediodía

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo para expor na Feira do Lázaro dos días 2 e 3 de abril