jueves. 25.04.2024
Exemplar do conto “A historia de Lino, o Centrosauro", dispoñible na Biblioteca de Verín grazas a AECC.
Exemplar do conto “A historia de Lino, o Centrosauro", dispoñible na Biblioteca de Verín grazas a AECC.

A Biblioteca Pública do Concello de Verín e a Asociación Española contra o Cancro en Ourense únense para dar visibilidade e loitar contra esta enfermidade. Neste espazo cultural da vila xa está dispoñible, de xeito gratuíto, o conto "A historia de Lino, o Centrosauro" que a delegación ourensá da entidade puxo á súa disposición.

A través deste pequeno libro, no que colaborou Johnson & Johnson, achegan ós máis cativos a historia dun centrosauro -Lino- que ten cancro nunha das súas patas. O conto relata, dunha forma didáctica e divertida, os resultados dunhas investigacións científicas que, no ano 2020, confirmaron a detección dun tipo cancro de óso en dinosaurios.

O conto quere que os cativos vexan a importancia da ciencia e do traballo en equipo, mentres visibilizan a enfermidade. Esta iniciativa de AECC amosa que a investigación é clave na loita contra o canco, na que os científicos xogan un papel destacado para coñecer máis sobre el e así saber como poder atallalo para unha curación dos pacientes ou para mellorar a súa calidade de vida.

NOTICIAS VERÍN | A Biblioteca verinesa colabora con AECC na visibilización do cancro