Xoves. 28.03.2024
Accidente-Vilar de Barrio-motorista
O motorista impactou frontalmente contra a furgoneta da imaxe. | FOTO: M. Ceballos.

Segundo vén de confirmar a Garda Civil de Tráfico, o piloto dunha motocicleta perdeu a vida esta tarde, pouco despois das 19:30 horas, ao colidir cunha furgoneta dun industrial da madeira verinense. O sinistro tivo lugar na localidade de Maus, no concello de Vilar de Barrio

Ao parecer, e tralas primeiras investigacións, o motorista, de 52 anos e natural de Ourense, perdeu o control do seu vehículo nunha curva da estrada OU-1103, na localidade de Maus, termo municipal de Vilar de Barrio, e acabou colidindo de xeito fronto-lateral cunha furgoneta que nese intre transitaba polo mesmo punto. 

Accidente-motocicleta-motorista-Vilar de Barrio-muerto-morto-falecidoEstado no que quedou a motocicleta do falecido esta tarde en Maus (Vilar de Barrio).

O falecido viaxaba en compañía doutro motorista, que non se viu implicado no accidente. 

Ata o lugar da colisión mobilizáronse, ademáis dos servizos sanitarios, bombeiros do parque de Xinzo, efectivos do GES de Laza e voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Vilar de Barrio. Tamén se solicitou o helicóptero medicalizado do 061 que, malia trasladarse ata o punto do sinistro, regresou á base sen o ferido porque os politraumatismos do accidente acabaron provocándolle a morte no lugar

Un motorista perde a vida ao colidir ca furgoneta dun industrial verinense, en Vilar de...