jueves. 25.04.2024
A las 12:00 horas se leyó un manifiesto reivindicativo de más pediatras para el centro de salud de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Concentración reivindicativa en prol da mellora do Servizo de Pediatria en Verín, no pasado mes de xaneiro | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Unha vez máis, a bisbarra de Verín acollerá unha protesta cidadá en prol da defensa da Sanidade Pública de calidade. A veciñanza das terras do Támega vén demostrando, dende hai tempo que non van calar ante o deterioro dos servicios sanitarios na bisbarra. Este mércores, día 26, celebrarase unha concentración na Praza do Concello de Verín a partir das 20h.

Unha mobilización que se celebrará en todo o territorio galego, nas distintas concentracións convocadas pola plataforma "SOS Sanidade Pública", en apoio ó fortalecemento da Atención Primaria en Galicia. A mobilización xurde como fronte común na defensa da Iniciativa Lexislativa Popular sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

Súmese á mobilización a plataforma cidadá "Pediatras en Verín Xa", que participará para apoiar á Iniciativa Lexislativa Popular e reclamar, unha vez máis, a cobertura de todas as prazas de pediatría que lle corresponden á bisbarra. "Malia a convocatoria de emprego público recén publicado pola Xunta, seguimos sen saber con cantos pediatras contaremos no noso Centro de Saúde", afirman dende o colectivo.

concentración ILP Atención primaria 20230423
Convocatoria da concentración de protesta que se celebrará este mércores, día 26.

 

Unha proposta lexislativa que solicita a adecuación das plantillas de persoal ás necesidades da poboación, establecéndose o persoal en función das condicións xeográficas, a estrutura poboacional, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área. Contempla, tamén, a redución da cota de pacientes por profesional ata un máximo de 30 persoas por consulta médica ó día.

Os colectivos de defensa da Sanidade Pública apostan por un fortalecemento da Atención Primaria, solicitando a incorporación de novas categorías profesionais que melloren o servizo sanitario. Especialidades como logopedia, psicoloxía clínica, atención temperá, terapia ocupacional ou podoloxía, entre outras. 

NOTICIAS VERÍN | Verín únese ás concentracións en defensa da Atención Primaria