13 de enero de 2022, 10:21
Todos os que xa saíron á rúa á primeira hora da mañán seguro confirmaron que esta foi unha das noites máis frías das que levamos de ano. Verín, con -6,6 graos, rexistrou a temperatura máis baixa de toda Galicia. Boa conta diso dan as xeadas que eran facilmente apreciables nalgúns dos puntos máis sombríos, aínda co sol xa lucindo.
Laza tamén rexistrou temperaturas baixo cero: -3,5 graos, e Viana, -2,7.