martes. 05.11.2024
220404LAZARO 2022 DOMINGO FINAL
Os expositores que na fin de semana realizaron alguna actividad recibiron un agasallo do Concello. | FOTO: Carlos Montero.

O concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance "moi positivo" dos resultados da Feira do Lázaro de Verín celebrada entre os días 1 e 3 de abril no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándose no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado foi que os stands enquisados deron un notable de media ás ventas e o 93% por cento dos mesmos volverían a participar no evento.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas á feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10, sobre os seguintes asuntos (nota media): a seguridade (9,86), a limpeza (9,58), os stands (9,51), a ubicación (9,31), a animación musical (8,89), a organización xeral (8,68), a promoción e publicidade (7,93), as actividades (7,86), as ventas (7,37) e o horario (6,82).

Segundo quixo salientar Manuel Lourenzo, os resultados das enquisas mostran unha "ampla satisfacción" entre os expositores enquisados. Exemplo diso é a valoración "máis que positiva" que os stands participantes dan ás súas vendas, puntuando unha nota superior a un 7 sobre 10. "En resumo, podemos dicir que a Feira do Lázaro desenvolveuse con normalidade, gran asistencia de público e un resultado notable nas ventas", finalizou Lorenzo.

Pola súa banda, Emilia Somoza tamén se mostrou satisfeita coa ampla participación de veciños e visitantes en todas as actividades culturais programadas durante a fin de semana en Verín. "O Lázaro foi un dos primeiros grandes eventos que tivemos que suspender debido a pandemia e, agora, parece que tamén marca o punto de partida cara a recuperación plena dos nosos grandes festexos, e os seus formatos habituais".

Sorteo da cesta de produtos e premio ao mellor stand

O domingo, momentos antes de que pechasen definitivamente as portas da Feira do Lázaro, Manuel Lorenzo deu a coñecer a identidade do gañador do premio á mellor caseta, recaendo este ano no expositor PlaymoRey.

220404LAZARO 2022 DOMINGO FINAL
Manuel Lorenzo entregou o diploma de mellor expositor a PlaymoRey. | FOTO: Carlos Montero. 

 

Tamén, tras entregarlles a todas as casetas o seu diploma de participación, procedeuse a realizar o sorteo da cesta de produtos cedidos polos expositores. Finalmente a gañadora foi Keilla Leticia Rodríguez Dos Santos.

220404LAZARO 2022 DOMINGO FINAL
Keilla Leticia Rodríguez Dos Santos foi a agasallada ca cesta de produtos cedidos. | FOTO: Carlos Montero.

 

Por último, os expositores (Asubío, Baronceli, Alacena, Olaría do Bazán, Queixería Gaia, D. O. Monterrei, Mar e Terra Conservas, Darahada, Regueiro da Cova e Soutogal) que durante os dous días da feira realizaron as actividades variadas recibiron como agasallo sendos exemplares do libro "A historia de Verín en 100 obxectos". Os mesmos foron entregados por Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior; Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería; e por María Isabel González Fernández, concelleira de Comercio do Concello de Verín.

Notable alto dos expositores á organización da Feira do Lázaro 2022