jueves. 25.04.2024
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.

Segundo vén de informar o Servizo Galego de Saúde, nas últimas 24 horas non se rexistrou ningún novo positivo, esto é, en Verín mantéñense os 26 casos activos, en Riós, dous; e en Oímbra e Cualedro, tan só un. O que fai albiscar unha contención na evolución da segunda onda da pandemia no municipio. 

Tamén fontes municipais confirmaron que nos vindeiros días unhas 160 persoas, entre maiores e persoal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín, serán sometidos a un cribado levado a cabo pola Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.  

Ningún contaxio declarado nas últimas 24 horas na comarca de Monterrei