domingo. 19.07.2026
A Mesa Estatal polo Blindaxe das Pensións convoca este mércores 26 de febreiro as 12:00 h en Verín

NOTICIAS VERÍN | Nin recortar nin privatizar, toca protexer as pensións na Constitución

Cartel Concentración 26 febreiro contra os recortes nas pensións.
Cartel Concentración 26 febreiro contra os recortes nas pensións.

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións convoca manifestacións en 70 localidades para mañá mércores 26 de febreiro co lema 'Somos 48 millóns para Protexer as Pensións na Constitución'. En Verín a concentración será fronte ao Concello as 12:00 horas. 

Segundo os organizadores, a mobilización responde aos ataques que están a recibir as pensións públicas, “enfrontando aos mozos cos pensionistas e difundindo mentiras para xustificar a insostibilidade das pensións e a súa privatización”. Na MERP, din, "hai ducias de organizacións xuvenís que representan o contrario do que din algúns YouTubers". Para os portavoces da plataforma, que aglutina a máis de 500 entidades de todo o país, "os que atacan deste xeito aos pensionistas non teñen credibilidade".

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións explica que recolleron case 3 millóns de sinaturas na súa campaña, "e unha parte importante delas nas 45 universidades públicas, co apoio de centos de miles de estudantes". Por outra banda, a plataforma sae á rúa en resposta ás previsións de Bruxelas, que "leva un ano dicindo que teremos que recortar as pensións en máis de 10.000 millóns".

Tal e como reclamaba Bruxelas, a cambio de recibir parte das axudas do COVID, a AIReF deberá presentar en marzo un informe sobre os resultados das medidas que se aplicaron tras a última reforma, e se este informe non é positivo, "Bruxelas reclamará recortes, como ven anunciando", sinala a MERP. A ‘cláusula de peche’ que recolle a última reforma das pensións prevé que se se van adoptar medidas adicionais e se non se chega a un consenso sobre elas, aplicarase automaticamente o Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI), o que supón un incremento das cotizacións. Segundo MERP, "saímos á rúa para dicirlle a Bruxelas que non aceptaremos recortes nin privatizacións, porque a sustentabilidade das pensións públicas depende exclusivamente da vontade política, non da esperanza de vida ou do baby boom".

NOTICIAS VERÍN | Nin recortar nin privatizar, toca protexer as pensións na Constitución