sábado 27/02/21
A entrega deste método de prevención contra a Covid terá lugar o 4 de febreiro nos centros educativos da localidade

''Mascarillas Entroideiras'' para manter vivo o espírito do Entroido de Verín entre os nenos

Dende o concello afirman que esta será a primeira iniciativa de moitas, que teñen como obxectivo potenciar a festa dunha maneira segura.

210122 DISENO MASCARILLA CIGARRON
Deseño da "mascarilla" do Cigarrón que será entregada nos centros educativos de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

Case é febreiro, o mes do Entroido e dos disfraces que enchen de cor as rúas. Sen embargo, este 2021 non haberá festa a causa da Covid-19. A pesar disto, o Concello de Verín non quere deixar morrer o espírito do Entroido galego, polo que poñerán en marcha unha iniciativa nova: o reparto de "mascarillas entroideiras" nas escolas da localidade.

Deste xeito, repartiranse preto de 2.000 máscaras hixiénicas reutilizables cun deseño baseado na principal figura do Entroido de Verín, o Cigarrón, e elaborado pola artista local Aurora López. Así mesmo, o seu tecido está homologado para cumprir a súa función de filtrar e protexer fronte ao virus. A entrega deste método de prevención contra a Covid terá lugar o 4 de febreiro, coincidindo co xoves de compadres.

"Aínda que sabemos que aos verineses e verinesas non lles fai falta, con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa", así o explicaba o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo. Tamén afirman que esta será a primeira iniciativa de moitas, que teñen como obxectivo manter o Entroido vivo.

Con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa (Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín)

''Mascarillas Entroideiras'' para manter vivo o espírito do Entroido de Verín entre os...
comentarios