martes. 16.04.2024
WhatsApp Image 2019-05-23 at 16.15.20
Manuel Pousada Bermúdez, candidato de En Marea pola alcaldía de Verín.

Manuel Pousada Bermúdez, candidato á alcaldía de Verín pola agrupación En Marea, ven do mundo das ONG’s e coa mentalidade de que as cousas na localidade poderían ser “moi diferentes”.

 

¿Qué problemas ves na vila que se poderían cambiar?

Dóeme, por exemplo, o problema de mobilidade. A xente está moi contenta cos aparcamentos, pero chegas ás oito e están cheos, porque estás fomentando o uso do coche. Estamos matando o planeta con estes hábitos, cando teríamos que mirar cara países coma Holanda co uso das bicicletas.

Eu ando en cadeira de rodas e non collo o coche se non é necesario. Ademáis, se vas no coche non miras a calle, os postos dos teus veciños, o pequeno comercio local, que te necesita. A mobilidade ten que ser sostible, circuitos de carris bicis, ainda hoxe os xoves de toda Europa sairon a rua para supricar que coidemos o planeta e os recursos.

Tamén creo na empresa pública, en que haxa un banco de terras local, convidar á xente para que ceda a terra en aluguer ou buscar unha fórmula para poder ter esas hectáreas potenciais que usar. Poderiamos poñer un horto solar e que a xente invertise un pouco do seu diñeiro.

 

¿Algunha proposta medioambiental?

Hai que ter en conta que temos o val máis grande de Europa, arredor de 110 mil hectáreas. Con isto poderíase facer unha planta de transformación de reciclaxe e que o lixo non tiveran que ir para A Coruña e outras grandes cidades. Tanto a plataforma transformadora coma o banco de terras deberían ser públicos.

Todo isto ten que ser algo público e estar coordinado dende o Concello. O Concello ten que ser a cousa máis transparente do mundo. Eu teño que saber o que gañas ti porque quero saber o que cobras dos meus impostos.

 

¿E con respecto á xuventude e aos maiores?

Verín e o pobo que mais alcohol consume, parémonos a pensar por qué pasa istol. Quizáis é porque non teñen nada máis que facer. Algo que está relacionado é que os soldos son moi pequenos e se te queres independizar é imposible, mentres que o 40 por cento dos pisos de Verín están baleiros, habería que crear unha bolsa habitacional para a xuventude. 

Por outra parte, a xente dos pobos, habería que comunicar os concellos cun bo servizo de autobuses, e para a xente maior, hai moitos solares en desuso nos que se poderían facer parques de proximidade e áreas de descanso, xa que para algunhas persoas maiores camiñar 100 metros sen descansar é un sufrimento.

 

¿Cal sería o voso principal punto de actuación?

Potenciar o sector primario. Podemos crear 1000 empregos directos e que o concello sexa o motor. Na vila temos un feixe de recursos impresionantes e doe que non os vexamos. Se miramos cara Europa do Norte, hai moitos referentes de concellos máis ou menos grandes que se estaban afogando e conseguiron sobresaír.

Non comprendo tampouco que non entendamos o que é a economía circular, que temos 9400 hectáreas para producir o que nos dea a gana, que poderiamos vivir diso. A cousa sería que se xuntase xente nova para crear unha plataforma con todo o que se fose producindo do sector primario, porque nesta zona, se non hai sector primario, non nos queda nada. Ao crear eses 1000 empregos, non tería que marchar ningún rapaz novo, porque a verdade é que cando os ves hoxe en día, dis “qué lles queda a estes pobres”.

Outro punto importante, que todos prometen pero ninguén o fai son as fontes. A saúde naturista está ahí, coller xente dende masaxistas, fisios, etc, e facer unha oferta, no sentido de “ves tomar a novena de augas e aparte tes unha chea de cousas, coma cando tes un spa”. Hai que aproveitar que o naturismo está en auxe en todo o mundo e facer de Verín unha terra naturista e facer, dunha vez por todas, un museo da auga.

Manuel Pousada Bermúdez, de En Marea: "Podemos crear 1000 empregos directos e que o...