12 de diciembre de 2019, 16:55
Non transcenderán, alomenos polo de agora, imaxes nin da nai, do pai, nin do cativo que hoxe pola mañá viu a luz no paridorio, aparentemente pechado, de Verín. Diario do Támega obtivo, malia todo, a foto do puño da súa man dereita. O seu proxenitor asegura que "Manuel tamén berra: Verín non se pecha" e subliña o "exquisito e profesional trato que recibimos dos profesionais do hospital comarcal en todo momento, algo que, lamentablemente, non podo dicir dos de Ourense".