miércoles. 24.04.2024
Percorreron as plantas da adega e marabilláronse coa maxestuosidade dalgúns dos depósitos

Os usuarios do centro de día Raiola "apuntáronse" á vendima de Crego e Monaguillo

Día moi distinto o que viviron onte os usuarios do centro de día para maiores da vila de Verín. Unha ducia de usuarios de Raiola foron recibidos por os responsables da adega Crego e Monaguillo, nun dos días de maior actividade do ano. Alí comprobaron o proceso de elaboración dun dos viños máis recoñecidos do mercado nacional e internacional. 
vino1
Non houbo quen se resistiu a probar o mosto xa desta vendima, que en poucos meses, logo da fermentación, será un viño de recoñecida sona.

O centro de día para os maiores de Verín -Raiola- mantén o seu calendario de actividades e saídas previsto dende a súa inauguración e respectando o proxecto que os seus promotores presentaron para facerse coa xestión da institución de carácter municipal. Unhas das principais misións establecidas nel é a de ter un réxime de actividades cos usuarios que, lonxe de convertilos nunha morea de anciáns nun salón, persegue ofrecer alternativas que non só os manteñan activos físicamente, senón tamén emocional e mentalmente. 

vino4Momento da chegada dos maiores de Raiola á explanada da adega de A Salgueira, en Monterrei.

Onte, os maiores que presentan maior mobilidade, viaxaron ata a Salgueira, en Monterrei, para coñecer as instalacións dunha das adegas de maior renome e proxección da Denominación de Orixe, Crego e Monaguillo. Alí, foron recibidos polos seus responsables, que delegaron nun dos seus operarios, Benito González, a faceta de anfitrións por todas as instalacións. 

PERCORRIDO

Comezou o percorrido na segunda das plantas, onde estaban os primeiros depósitos da adega, e tamén as barricas nas que se conserva un dos productos estrela, o "Father 1943", viño que honra a figura do fundador da adega, o pai Ernesto Atanes Payo -xa falecido- e o ano que o viu nacer. Alí tamén comprobaron os usuarios de Raiola que os lagares de agora pouco teñen que ver cos que eles vían nas súas adegas, a pedra de entón transformouse arestora en aceiro inoxidable. 

vino2Benito González explica aos visitantes como se realiza a limpeza dos depósitos nesa adega.

A expedición seguiu o camiño polas instalacións rumbo a terceira e última das plantas de Crego e Monaguillo. Alí comprobaron a maxestuosidade duns depósitos de viño de considerable altura que chamou, como non podía ser doutro xeito, a atención e a curiosidade dos visitantes

vino3Na última das plantas incorporadas ás instalacións de Crego e Monaguillo están os depósitos de maior capacidade.

Benito González, de Crego e Monaguillo, sorprendeu aos presentes ca extracción do que será nuns meses algún dos mencías que se poidan degustar no mercado, pero que onte só era un delicioso e doce mosto de uva tinta. 

A visita as instalacións de Crego e Monaguillo concluiu na primera das plantas da adega, cunha pequena recepción aos usuarios de Raiola, convidados a un ágape por parte dos seus propietarios.

Os usuarios do centro de día Raiola "apuntáronse" á vendima de Crego e Monaguillo