Venres. 29.03.2024
Non haberá postos na praza, só na Alameda, e deberán respectarse as distancias de seguridade. | FOTO: Xosé Lois Colmener.
Non haberá postos na praza, só na Alameda, e deberán respectarse as distancias de seguridade. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Policía Local vixiará este luns que se respecten as medidas de seguridade na primeira das feiras que teñen lugar logo de que o 14 de marzo de 2020 se decretase o estado de alarma en todo o país. O luns, Verín, como o resto da comunidade autónoma, entra na primeira das fases da desescalada, e faino celebrando un mercado tradicional, aínda que descafeinado, porque só se lles permitirá a venda a aqueles postos que comercialicen produtos agrícolas, gandeiros ou de alimentación.

Deberá manterse unha distancia mínima de dous metros entre dúas persoas que vaian a mercar


Segundo confirmou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, os postos estarán separados por unha distancia de 6 metros, o que facilitará aos usuarios e usuarias do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre cada persoa. Do mesmo xeito, dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta.

A Policía Local será a responsable de vixiar que se respecte a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda. Tamén serán os encargados de regular o acceso ao mercado para evitar as aglomeracións.

A Policía Local de Verín vixiará que se respecten as distancias entre persoas na...