viernes. 19.04.2024
hospital1
Máis de medio cento de traballdores déronse cita no salón de actos do complexo verinense.

Medio cento de traballadores do hospital de Verín respostaron á chamada do comité de empresa para lles explicar cal está sendo a situación que, segundo entenden, padece o centro hospitalario logo dos recentes problemas de persoal en varios dos servicios do seu catálogo médico. Na reunión, na que estaban tamén algún que outro cirurxán e especialistas médicos, como o propio concellal do BNG en Verín, Eugenio Quintas, adoptouse o acordo de comezar as mobilizacións diante das portas do hospital todos os venres dende o vindeiro día 27 e durante un só mes. No caso de que tanto a dirección do centro como a propia Xerencia a nivel provincial non tome en consideración as protestas, convocarase unha nova manifestación polas rúas de Verín para volver a esixir unha sanidade de calidade e o mantemento do catálogo de servizos do hospital tal e como foi concebido no seu día. 

Entre as principais demandas que, unha vez máis se reflectiron, están a do servizo de dermatoloxía, que quedou de xeito temporal -aínda que todos na reunión temían que fose xa definitivo- suspendido; o de cirurxía, onde só dous dos catro profesionais cos que debería contar están operativos e a pleno rendemento, ou o de pediatría hospitalaria, que segundo os membros do comité "así consta no catálogo deste hospital e que é evidente que non se está a prestar", sinalan.

A dirección tería que dar unha explicación de por que cada vez se están derivando máis intervencións a Ourense, cando se poderían realizar aquí. É palpable que se está a reducir de xeito preocupante e sibilino o número de intervencións que se practican

Outro dos temores manifestados polo persoal reunido foi o da posible desaparición do bloque cirúrxico: "A dirección tería que dar unha explicación de por que cada vez se están derivando máis intervencións a Ourense, cando se poderían realizar aquí. É palpable que se está a reducir de xeito preocupante e sibilino o número de intervencións que se practican", dixo Rosa Eva Fernández, de CIG - Saúde. 

hospital2Os membros do comité de empresa do hospital, na xuntanza cos traballadores. 

Na xuntanza tamén se falou doutro dos servizos que periga, segundo apuntaron, de xeito presencial, algúns dos traballores da cociña do hospital. Unha das integrantes da plantilla -pertencente a unha concesionaria- asegurou, de xeito público, que xa está en marcha o desmantelamento dese servizo en Verín para, posteriomente, subministrar a comida dos pacientes dende Ourense, en liñas de frío e calor. Así o sinalou a traballadora, destacando ademáis que "xa se coñecen os nomes que quedan e os nomes que se van". 

Os traballadores do hospital de Verín volverán a mobilizarse diante da porta e tamén...