sábado. 27.07.2024
O conselleiro Julio García Comesaña.
O conselleiro Julio García Comesaña.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa das novas medidas acordadas polo comité clínico, e entre as que destaca a decisión de limitar a apertura dos locais de hostalería e restauración ás 00,00 da madrugada, e do ocio nocturno ás 2,00.

No caso da hostalería e a restauración, os venres e os sábados poderán ampliar os seus horarios de apertura até as 1:00h.

Entre as novas medidas, que entrarán en vigor ás 00,00 horas do día 31 de decembro, e que estarán vixentes ata o día 18 de xaneiro, destacan a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día, e tamén a volta da prohibición de consumir nas barras dos locais.

Sanidade tamén remitirá ao Tribunal Superior de Xustiza unha solicitude para establecer a limitación de xuntanzas de persoas non convivintes en espazos públicos entre ás 2,00 e ás 6,00 horas, polo que, de ser ratificado, durante esas horas só poderán transitar pola rúa persoas soas, ou membros dunha mesma unidade familiar.

O responsable de Sanidade, recomendou evitar a asistencia a eventos masivos que , en todo caso, serán con público sentado, tanto en interior como en exterior.

 

Medidas específicas para Noitevella e o Día de Reis

No que atinxe dun xeito específico á festividade de Noitevella, os locais de hostalería e restauración deberán pechar os seus locais a 1,00h da madrugada, mais, co ánimo de evitar que se retomen as xuntanzas, non poderán voltar a abrir os seus locais antes das 10,00 da mañá do día 1 de xaneiro.

Respecto das ceas e comidas do último día do ano, Sanidade recomenda xuntanzas cun máximo de dúas unidades familiares e, preferiblemente, que sexan as mesmas do día de Nadal. No caso de levarse a cabo en lugares públicos, establécese o límite de 8 persoas na mesma mesa, en interior, e un máximo de 10 no exterior.

En canto ás cabalgatas do Día de Reis, García Comesaña precisou que é necesario minimizar as posibles aglomeracións, ademais de recomendar que estas sexan estáticas.

Peche da hostalería ás 00:00 horas e limitadas a conviventes as reunións en lugares...