domingo. 19.07.2026
Tiveron unha conversa "de ti a ti" sobre a violencia de xénero

A IMAXE DE... | As alumnas locais na primeira xornada do XXI Foro da Igualdade de FEMURO

O auditorio de Verín acolle o XXI Foro da Igualdade.
O auditorio de Verín acolle o XXI Foro da Igualdade.

Este venres, 3 de outubro, arrancou en Verín o XXI Foro da Igualdade cunha xornada dirixida aos centros escolares da comarca, coa intención de achegar á mocidade a realidade da violencia de xénero de maneira próxima e directa.

Noelia Míguez no XXI Foro da Igualdade de FEMURO.

A psicóloga especialista Noelia Míguez mantivo unha conversa “de ti a ti” co alumnado, compartindo historias reais como a de Ana Orantes, a primeira muller que denunciou a violencia de xénero en televisión e que foi asasinada pouco despois. A súa experiencia persoal e profesional serviu para sensibilizar ás novas xeracións sobre a gravidade desta problemática.

A actividade enmárcase no proxecto Fíos Violetas, que busca a prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero. Míguez destacou o impacto destas sesións: “Sempre recibo mensaxes logo das conversas: rapazas que se senten identificadas ou que queren compartir algunha reflexión”.

 

Encontro_FEMURO

O Foro continuará mañá sábado cunha xornada aberta ao público no Auditorio de Verín, coa participación de Adriana Cardozo, que contará a súa historia en primeira persoa, e Mabel Lozano, que presentará en Galicia o seu novo documental Abril. Hoy no es invierno.

A IMAXE DE... | As alumnas locais na primeira xornada do XXI Foro da Igualdade de FEMURO