29 de junio de 2019, 0:19
Esta mesma mañá, a dirección do centro de estudo verinense recibía unha moi boa nova. Para os dous próximos cursos académicos, tanto profesores coma alumnos terán o privilexio de viaxar a catro países europeos, Portugal, Hungría, Italia e Finlandia, para traballar en temas relacionados con identidade, diversidade, inclusión social e convivencia escolar.
O profesorado integrado no proxecto será o encargado de planificar a selección do alumnado que participará no desenvolvemento da temática do proxecto. O designio do IES Xesus Taboada Chivite é que o alumnado mellore na aprendizaxe de idiomas estranxeiros a través da promoción da ampla diversidade lingüística da Unión Europea e da sensibilización intercultural.