
17:44 do 4 de abril de 2019
Este xoves 4 de abril na Casa da Cultura de Verín, terá lugar o acto de presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio na vila.
O partido presentará ás 20:30 h ao candidato á alcaldía de Verín, Diego Lourenzo Moura, pero tamén contará coa presenza do candidato ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés; e coa máis que notable presenza da portavoz nacional do BNG e deputada no Parlamento de Galiza, Ana Pontón.
Neste acto, pretenden poñer en coñecemento de todo aquel que queira achegarse a escoitar, as propostas que fará o partido para mellorar a vila.
.